Editorial
O MEU LIBRO é a resposta a todas as túas inquedanzas literarias. Un completo servizo editorial para que tanto autores consagrados como amantes da lectura poidan plasmar por escrito todos aqueles relatos que desexan compartir. Unha auténtica autoedición que prescinde dos intermediarios e dos criterios de selección que seguen as editoriais convencionais.
Todo tipo de xéneros literarios
Cubrimos todo tipo de xéneros; dende relatos curtos, contos, poesía, teatro, drama, infantil, recetarios, musicais, libros dixitais... ata outros como a edición da biografía dun ser querido, un libro familiar ou da empresa.
Equipo profesional
Contamos cun equipo humano formado por profesionais de moi distintos sectores que inclúe tanto a redactores, deseñadores, fotógrafos e técnicos en artes gráficas e audiovisuais que fan posible dotar de vida propia aos proxectos que realizamos.
Redacción de textos, fotografía, deseño e impresión
Se queres publicar unha biografía dun ser querido ou a historia da túa familia ou empresa e non sabes como facelo, en O MEU LIBRO ofrecemos todo o proceso para a súa edición, desde a redacción de textos ata a reportaxe fotográfica, para que deste xeito poidas realizar o libro que queiras sen preocuparte de nada, nós entregarémosche todo feito na túa casa ou oficina.
Formatos e calidades editoriais
Dispoñemos dunha gran variedade de formatos e propostas para que cada obra sexa única e persoal. Papeis de moi distintas gramaxes e calidades, gran versatilidade de formatos e encadernacións a túa medida (rústica -cosido con fío-, canutillo, pegada, engrapada, con tapas duras-cartoné…)
Editar un libro xa non é imposible
Con O MEU LIBRO podes facer realidade calquera proxecto editorial, tan só tes que consultarnos e nós indicarémosche o proceso a seguir e cal é a mellor opción, asesorarémoste ata o final. Conseguirás un acabado profesional e sen preocuparte de ningún trámite, entregarémosche na túa casa ou oficina os exemplares dos libros.